10 de outubro de 2018

Reutilizamos material de refugallo para crear unha obra de arte!!!!

A nosa primeira aventura na escola neste curso está sendo apaixoante!!!

Levamos semanas aprendendo cousas sobre o lixo e a reciclaxe e recollendo e clasificando material de refugallo para poder reutilizalo facendo unha obra de arte ao grande.

Escollemos a forma da obra, queriamos que fose unha alfombra coma esas tan fermosas que enchen a nosa vila na festa das alfombras, escollemos tamén o deseño co noso amigo Papirus como protagonista e preparamos os materiais que precisabamos. Hoxe, logo de semanas de moito traballo, foi o gran día!!!

Ben cedo saímos ao patio da escola para facer a nosa alfombra de material de refugallo. A misión tivo as súas complicacións porque o vento quería xogar con nós e facernos máis divertido o traballo levando os materiais polo patio adiante pero mirade!!!!!!


Foi unha experiencia chulísima!!! Se queredes saber como fixemos esta marabillosa obra de arte, ollade o video!!

Ningún comentario: