- Profe María, profe María socorroooooooooo!!!!!!!!!! estou pegada ao chan e non podo moverme!!!!
- Tranquila, eu sei a quen avisar - dixo a profe María
e marchou……. e..... de súpeto, apareceu FLASH que coa a súa habilidade sobrehumana, percorreu toda a aula nun intre de segundo; tentou rescatar á profe Cris, no entanto, quedou pegado el tamén;
Xuntos pedimos auxilio e apareceu WONDER WOMAN,
- Axúdanos por favor, berramos; pero a muller marabilla sufriu igual ca nós e os seus pés quedaron pegados ao chan. Nese intre apareceu SUPERGIRLD dispota a enfrontarse a ameaza da alfombra pegadiza, pero...... tamén quedou pegada; xa estábamos case rendidos cando FLASH lembrouse de alguén…..
A música comezou a soar e pola porta da nosa clase entrou nada menos que SPIDERMAN!!!!!!
Trepando polas paredes, polas mesas e ata por riba dos mobles o home araña chegou ata alfombra, e grazas a súa axilidade e gran forza consegiu rescatarnos a todos!!!!!!!!
Mario agasallou aos seus compañeiros e compañeiras cun antifaz e xogamos a ser superheroes por un día.
Foi un día fantástico, moitísimas grazas familia!!!!
Pasámolo fenomenal!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario