21 de xaneiro de 2025

Visita ao Museo de Pontevedra

Hoxe as trasniñas e trasniños estabamos moi emocionadas e emocionados, no noso calendario tiñamos debuxado un autobus, hoxe era o día da nosa excursión.

Fomos ata o Museo de Pontevedra para realizar un obradoiro sobre educación emocional a través da arte. Foi unha actividade moi moi interesante na que da man da Bruxa Grandía falamos de cores e emocións.

Queredes ver  canto aprendimos e que ben o pasamos? 

 


Queremos agradecer á Deputación de Pontevedra que nos convidara a vivir esta fantástica experiencia e á nosa guía Sabela que nos acompañou a descubrir un dos misterios máis chulos do Museo de Pontevedra.

Animávosvos a visitar o Sexto edificio do Museo de Pontevedra cos vosos fillos e fillas, se ides á terceira pranta poderedes ver á Bruxa Grandía, os trasniños e as trasniñas serán uns fantásticos guías e vos contarán a súa historia.

Ningún comentario: