17 de xaneiro de 2025

SÍA E XIÁN SON OS PROTAS

As trasniñas e trasniños comezamos esta semana unha nova actividade, "a actividade do protagonista".

Cada semana un trasniño ou trasniña é o protagonista da súa clase; cada día ten asignadas unha morea de tarefas: escribir o seu nome e apelidos e sumar cantas letras ten en total, descompoñer números cos number blocks, escribir palabras que comecen pola súa inicial.... O/A prota cóntalles a tod@s cal é a súa comida e cor favorito ou que número de pe calza, información que o resto de compis empregan para completar unha ficha do noso prota da semana.

O mellor de ser prota é pode disfrutar dun día na que a familia vén ao cole a pasar un anaquiño de tempo con nós. Esta semana Sía e Xián foron os nosos protas, os pais de Xián foron os primeiros en vir xunto co seu irmán Abel, un orgullo ver como medran os nosos trasniños maiores. 

A familia de Sía preparou para nós unha actividade xenial onde aprendimos moitas cousas sobre os bonsais e creamos a nosa propia árbore en miniatura.

Mirade que ben o pasamos!!!


 

Moitas grazas familias!!!

Ningún comentario: