Hoxe conmemoramos na escola o día da paz, facendo visible o noso compromiso de traballo diario para contribuír a ter un mundo mellor.
Como símbolo deste compromiso creamos unha fermosa coroa.
Despois do patio, fomos ata o cole de primaria para xuntarnos co resto de alumnado e profesorado e celebrar un acto precioso onde puidemos escoitar os manifestos do alumnado de primaria e cantar e signar a cantiga escollida para esta conmemoración: a Muiñeira Irmandiña de Xabier Díaz. Tivemos a sorte de poder interpretala acompañando ás mestras que coas súas pandeiteras tocaron a muiñeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario