31 de xaneiro de 2025

HELENA E MAI SON AS PROTAS

Esta semana foi a quenda de Helena e Mai; as nosas súper protagonistas convidaron ás suas familias a vir hoxe á escola como colofón a unha semana chea de actividades e momentos divertidos.

A nai e o pai de Helena contaron unha historia de piratas e axudáronnos a construir un divertido parche e un gorro chulísimo que levamos de recordo para casa.

Mai convidou ademais, da sua nai e o seu pai, a súa irmá Nara, que tamén está neste cole na clase dos peixes coa profe Lucía. Contáronnos todos os países nos que viviron e organizaron un xogo chulísimo no que tiñamos que estar moi atentas e atentos porque cada "instrucción" era nun idioma diferente.


Mirade que ben o pasamos: 









MOITÍSMAS GRAZAS FAMILIA!!!

Ningún comentario: