9 de outubro de 2023

Retrato de outono

Hoxe as trasniñas e trasniños fixemos a nosa primeira saída do cole coas profes!!!! Tiñamos unha misión: atopar as folliñas verdes, laranxas e amarelas das que fala a nosa amiga Uxía Lambona, na súa canción do outono que tanto nos gusta.

Camiñamos polos arredores do cole e atopamos un sitio que tiña moitísmas follas no chan, pero tiña un enreixado, que podemos facer? Pedirlles axuda aos nosos amigos e amigas do instituto Johan Carballeira!!!

Con moito cariño abríronnos a cancela e puidemos encher as nosas cestas de moreas de folliñas!!!!

Xa de volta no cole, cada trasniño fixo o seu retrato; os ollos, as orellas, o nariz, a boca e o pelo!!!!

Mirade que chulos quedaron!!!

Ningún comentario: