Hoxe as trasniñas e trasniños fomos á biblio para comezar co empréstito de libros.
Observamos todas as seccións que había: contos de animais, de busca e atopa, dos bolechas, contos de emocións, de cartoné... despois escoitamos moi atentas e atentos como temos que coidar os contos e como van colocados nos estantes da biblio para poder deixalos super ordenadiños cando marchemos!!!!
Cada un de nós escolleu un conto para levar a casa e co noso carnet de biblioteca fixemos o empréstito no ordenador.
Ademáis aproveitamos para gozar deste espazo tan máxico e especial lendo unha morea de contos, mirade que ben o facemos!!!!





Ningún comentario:
Publicar un comentario