Os trasniños e as trasniñas decidimos sumarnos á iniciativa Avós virais avós vitais, un proxecto intercentros de investigación e retos entre avós/avoas e netos/as.
Aceptamos o convite que nos chegou dende o IES Johan Carballeira e puxémonos a traballar....
O primeiro que fixemos foi pedir axuda ás nosas familias, e grazas a súa axuda estamos coñecendo a un avó ou avoa dos trasniños e trasniñas. Como se chama, cantos anos ten, a que lle gustaba xogar cando era pequeno ou que é o que máis nos gusta do noso avó ou avoa.
Queriamos deixar testimonio de todo o que estabamos aprendendo e presentarvos aos nosos avós e avoas a todos e todas e decidimos gravarnos en video....
Preparamos o escenario...con moito cariño decoramos unas cortizas con papel azul, compuxemos ordenando con letras super chulis "O MEU AVÓ" "A MIÑA AVOA", pegamos corazóns, avós, avoas.
Descubrimos os elementos necesarios para a gravación: o trípode, a gravadora e o móbil. Mentres un compañeir@ explicaba ante a cámara o investigado sobre o seu avó ou avoa, outro compañeiro o gravaba: 3,2,1 Cámara, acción!!!
Queredes ver o resultado?? Ciclade na imaxe e gozade dos vídeos!!
Esta é a nosa homenaxe ás avoas e avós, esas persoas marabillosas que cada día están dispostas a axudarnos e a pasar tempo con nós contando historias, xogando, paseando... esas persoas que tanto e tanto nos queren...





Ningún comentario:
Publicar un comentario