11 de xuño de 2021

A que xogaban as nosas avoas e os nosos avós?

Dentro do proxecto Avós virais avós vitais ......  os trasn@s tíñamos unha misión moi especial: coñecer a que xogaban os nosos avós e as nosas avoas cando eran coma nós!!! 

Despois de investigar nas casas e recompilar a información, decatámonos que os nosos avós xa xogaban hai moitos anos á comba, á mariquitilla ou ás comiditas coma nós, pero.... os trasn@s non coñecíamos moitos dos xogos dos que eles falaban: a petanca, a peonza, a cachiza, os pelouros.................mmmmm

Así que..... Pensando como podíamos descubrir e aprender a xogar a eses xogos tradicionais ocorréusenos unha súper idea!!!!

Convidar a algún avó ou avoa de cada clase para que nos ensinara a xogar!!!!

Hoxe foi un día moi moi especial porque recibimos na escola a visita de algunhas das nosas avoas e avós para axudarnos na nosa aventura, as profes estamos moi moi moi agradecidas a todas as familias dos trasniños e das trasniñas; sen a vosa axuda este proxecto tan especial non tería sido posible...

Grazas por axudarnos a investigar, polas fotos e a infomación, polo voso apoio e ánimo, polas vosas respostas cada vez que vos pedimos algo, e pola vosa comprensión e entusiasmo.

Ogallá a situación sanitaria mellore o suficiente para que o vindeiro curso poidamos vivir unha xornada de convivencia con todas e todos...

Deixámosvos un resumo en imaxes do noso proxecto sobre os avós e as avoas...


Ningún comentario: