Hoxe os trasnos comezamos unha nova aventura, coa que estamos moi emociona@s!!
Todo comezou moi cedo, na asamblea, cando descubrimos unha mensaxe no ordenador, un vídeo de Papirus!!!!
Mirade, mirade....
Logo de escoitar atentamente as palabras de Papirus buscamos pola aula a súa caixa desexando descubrir a nosa primeira misión porque os trasniños e as trasniñas queremos comprometernos co noso planeta e colaborar para ter un mundo mellor!!
Dentro da caixa atopamos a nosa primeira misión...
Xa estamos desexando coñecer a seguinte misión e conseguir os selos para encher o noso carné, estamos moi ilusionad@s!
A través das misións de Papirus os trasniños e trasniñas traballaremos "os obxectivos do desenvolvemento sostible", un proxecto documental integrado que o noso cole escolleu para este curso . Estamos seguros e seguras de que nos converteremos en superheróes e superheroínas comprometid@s co noso planeta!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario