Vaia día tan emocionante!!!! Hoxe, despois da asemblea, descubrimos que na caixiña que Papirus nos deixou tiñamos unha nova misión: construir entre todos e todas o noso lema:
COMPROMETIDOS CO NOSO PLANETA
Así que os trasniñ@s puxémonos a traballar arreo en equipo, para conseguir formar a nosa palabra, primeiro a de Cris, despois a de Oso....
MISIÓN CUMPRIDA!!!!O primeiro selo xa está pegado no noso carné de superheroes e superheroínas comprometidos co planeta.
Estamos desexando axudar a Papirus na nosa seguinte misión!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario