9 de xuño de 2020

Reparto de pares e impares

Despois de practicar coa táboa do 100 asentaremos os conceptos PAR e IMPAR. Grazas á manipulación os trasniños poderán sacar as súas conclusións e observar como soamente podemos repartir en dúas partes iguais sen que sobre ningún elemento os números pares. Con este concepto construir o dobre e a metade dun número será moito máis significativo, visual e sinxelo para eles.

Para traballar precisamos papel e lápiz ou rotus. Debuxamos dous círculos por cada número que vaiamos a repartir. Temos que comezar polo número 1 para que sexan conscientes da secuencia: impar-par-impar-par-impar-par....

Agora temos que repartir o número indicado nos dous círculos; é moi importante que nos círculos teñamos a mesma cantidade de elementos.

Fixádevos no exemplo…..



Ata que número serán os nosos trasniños quen de repartir?
Qué acontence cando repartimos 1, 3, 5, 7 …. elementos?
E cando repartimos 2, 4, 6, 8 ….?

Ánimo, sodes uns valentes!!!!! esperamos as vosas fotos traballando!!!!








Noraboa trasniñ@s!!!! estamos moi moi orgullosas dos vosos traballos!!!


Ningún comentario: