10 de xuño de 2020

Camiño das palabras

Hoxe imos xogar ao camiño das palabras! Traballaremos a identificación das letras e do seu son, a escritura tanto de letras aisladas coma de palabras dentro dunha oración, de xeito que os trasniños van avanzando no proceso da lectoescritura asentando as bases do proceso lector. Ademáis reforzaremos o cálculo mental realizando pequenas sumas. 

Cómo xogamos?

Precisamos papel, lápiz e un taboleiro como o da foto, composto polas letras do abecedario español e os dígrafos "ch" e "ll". Nel situamos unha casilla de saída e unha de chegada.
Poden xogar dous ou máis xogadores, que escolleran unha ficha cada un (pode ser unha ficha, un tapón, un boneco pequeno...) e a situarán na casilla de SAÍDA.

O xogo consiste en avanzar polas casillas do taboleiro ata rematar na casilla de CHEGADA. 
Comeza a tirada o xogador máis novo. Para calcular cantas casillas moven os xogadores NON tiraremos un dado. 
Dous xogadores esconderán unha das súas mans, contarán ata tres e os dous ao mesmo tempo ensinarán a súa man marcando cos dedos 0, 1, 2, 3, 4 ou 5. Sumaremos as duas mans e o resultado da suma é o número de casillas que ten que mover.
Cando os xogadores caen nunha letra teñen que escribila no seu papel, escribir unha palabra que comece por esa letra e pensar e dicir unha frase que conteña esa palabra. (Se somos moi valentes,  podemos pensar a palabra e escribir a frase)

Se non somos quen de pensar a palabra ou inventar a frase deberemos retroceder á casilla de saída. O xogo remata cando todos os xogadores estean na casilla de chegada. 

Animádesvos a xogar? queredes compartir con nós os vosos taboleiros e as vosas frases? Esperámolas encantadas!!!

Alucinantes as frases que nos chegan da casiña dos trasnos!!!! Noraboa!!!


Ningún comentario: