28 de maio de 2020

O XOGO DAS CATEGORÍAS

Hoxe imos practicar cun xogo coñecido como scattergories, tutti fruti ou o xogo das categorías,  nunha táboa de dobre entrada. Con esta actividade reforzaremos a conciencia fonolóxica e a lectoescritura; farémolo nunha táboa de dobre entrada coa que reforzaremos a estructuración espacial a observación e o razonamento lóxico mediante a linguaxe gráfica. 

Como xogamos? collemos papel e lápiz e creamos unha táboa con catro columnas ou categorías: nome, animal, comida e personaxe de debuxos ou contos e con 5 filas coas letras A, E, M, P e S



Temos que completar a táboa escribindo polo menos unha palabra de cada categoría que comece pola letra marcada en cada fila. Por exemplo se comezamos pola A escribiremos no seu lugar correspondente un nome, un animal, unha comida e un personaxe que comecen pola letra A

Cada palabra  suma 1 punto, cantas máis palabras escribades máis puntos sumaredes!!

Serán os trasniños quen de conseguir máis de 20 puntos??? podedes variar o xogo e cambiar ou engadir as categorías ou letras que queirades. 

Ánimo!!!! que ganas temos xa de ver as vosas respostas!!!

As profes estamos encantadas, estádelo a facer fenomenal. Grazas familias!!!!

Ningún comentario: