Hoxe temos un cadradado moi moi especial. Todas as filas e columnas de cada cadrado teñen que sumar o mesmo: 5
Coa actividade de hoxe traballamos a suma, a grafía dos números, a asociación de número á cantidade, o cadrado e a estructuración espacial.

Podemos empregar os números do 0 ao 4 tantas veces como precisemos para conseguir o noso obxectivo.
Qué temos que facer?
Qué temos que facer?
1º- Construir o noso cadrado máxico que é unha táboa de 3 columnas * 3 filas e escribir os números dentro.
2º- Buscar 5 obxectos (lentellas, superzings, coches)
Despois colocamos eses 5 obxectos ao lado da columna ou da fila coa que vaiamos comezar (esa é a cantidade que temos que conseguir), comezamos a buscar os números que nos faltan:
- Miramos o número que temos na primeira fila (1) e retiramos un obxecto, logo miramos o seguinte número de esa fila (3) e retiramos 3 obxectos. Descubrimos que dos 5 que tiñamos, quédanos 1. Ese e o número que temos que escribir nesta fila do noso cadrado máxico!
Faremos o mesmo co resto das filas e logo coas columnas ata completar todos os ocos con números!
Cando sexamos quen de facer o cadrado máxico con obxectos, podemos probar a facelo sen nada, mirando cos ollos e contando na nosa cabeciña.

Seredes quen de crear algún cadrado máxico novo??? esperamos as vosas creacións!!
Sodes uns campións e campionas!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario