ATENCIÓN NOVA MISIÓN.... trasniñ@s detectives hoxe temos que averiguar o número que vai despois, preparade as vosas lupas e averiguade cal iría despois en cada caso.
Con esta actividade reforzaremos a serie numérica mellorando o pensamento matemático e o cálculo mental aprendendo a ordenar un conxunto dun xeito sistemático.
O primeiro que temos que facer será crear fichas, papeis, tapóns ou calqueira elemento que se vos ocorra cos números que formaran as nosas series.
Despois iremos colocando as series para que eles teñan que completar co que vai despois.
Primeiro faremos series ascendentes, podemos comezar por unha serie sinxela, para que conten de un en un (podemos comezar por 1,2,3,4 ¿? ou comezar noutro número 5,6,7,8, ¿?), despois faremos outra serie cos números pares, ao igual que antes podemos comezar polo 2 ou por outro número par (6,8,10,12 ¿?), seguimos cos números impares, e por último faremos series ascendentes para que conten de 5 en 5, de 10 en 10....
Cando teñamos estas series interiorizadas pasaremos a facer as series descendentes, comezaremos igual que antes por unha serie sinxela pero contando ao revés ( 8, 7, 6, 5 ¿?), despois cos números pares (8, 6, 4, ¿?), números impares (9, 7 , 5 ¿?) e por último de 5 en 5 descendente (25, 20, 15, 10 ¿?)
Collede a vosa táboa do 100 para comprobar os resultados e...... mans o obra dectectives!!!! Sodes uns auténticos campións!!!!
Os nosos trasniñ@s están averiguando moi ben cal vai despois!!! E vos?? xa o sabedes?? Veña animádevos e enviade as vosas fotiños!!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario