1 de abril de 2020

Suma 10

Atención trasniños!!!!!! Temos unha nova misión......

Collede papel e lápiz e creade nunha folla uns círculos con números  do 1 ao 9 dentro.

A misión consiste en ir coloreando círculos e sumando os número que conteñen para chegar a 10, por exemplo pintamos 7, 2 e 1 e xa temos 10!!!

Cantas decenas eres quen de conseguir?





Agora podemos recortar os círculos e xogar ao Suma 10.

Colocamos todas as fichas boca abaixo, por quendas un xogador levanta dúas fichas e suma as cantidades. Se a suma é 10 o xogador gana as fichas, se é superior a dez, rematou a súa quenda, deixa as fichas cara abaixo e tócalle ao seguinte xogador.
Se a suma é inferior á decena pode seguir levantando fichas ata que consiga sumar dez ou ata que se pase.


Sumade e xogade para pasar un anaco ben divertido!!!


Ningún comentario: