Hoxe propoñémosvos crear o voso propio xogo do "Memory"con este xogo traballaremos a asociacion de grafía á cantidade e asociacion de maiscula a minuscula, ben con palabras ou con letras.
1. collemos un folio
2. dobramos a metade
3. volvemos a dobrar a metade e marcamos
4. recortamos para obter os cadrados
O seguinte paso é crear as tarxetas que formarán o noso xogo de "Memory"
Creamos as tarxetas por parellas, por exemplo, nunha tarxeta a palabra en maiúscula e noutra a mesma palabra en minúscula ou ben nunha tarxeta a grafía do número e na outra tantos debuxos como indica o número.
Coas tarxetas rematadas chegou o momento de xogar. Poñemos todas as tarxetas cara abaixo e por quedas levantamos dúas tarxetas tentando conseguir a parella!!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario