23 de marzo de 2020

O planeta dos números. A misión do número 7

Queridos trasniños e trasniñas, agardamos que ao longo de estes dias forades quen de poñer a todos os números a salvo o malvado virus dentro das súas casas.

Chegou o momento de usar o noso edificio do 100 para a nova misión.


O número 7 precisa axuda!!!

Para poder realizar esta misión precisaredes:

- O edificio do 100 que cada quen fixo na sua casiña
- Pinturas
- Papel e lápiz, boli ou algo para escribir e debuxar.
- Dous pratos ou bandexas
- Sete obxectos, que poden ser garavanzos, xoguetes pequenos, boliñas de papel....

Todo listo?? pois comezamos a misión.

O número 7 leva moitos días na casa e bota de menos aos seus amigos. Para poder sentirse máis unidos decidiron darlle color aos seus balcóns e ventás.

Temos que axudalos!! imos pintar da mesma cor todas as casas dos números que forman a pandilla de amigos do número 7. Lembrade que as pandillas son as que teñen o mesmo número nas unidades, neste caso 7.


Unha vez que teñamos as casas pintadas, podemos nomear a todos os membros da pandilla comezando por arriba ou por abaixo!!

Chegou o momento de coller o lápiz, o papel, as bandexas e os 7 elementos que preparastes, porque imos entrar na casa do número 7.

O primeiro que temos que facer é debuxala, ollo! a casa do 7 ten dúas habitacións!!

Temos que facer algo así....





Dentro da casa do número 7 viven 7 personas, e poden estar nas dúas habitacións que ten a casa. A nosa misión é descubrir distintas formas nas que poden organizarse facendo repartos.

Colleremos os dous pratos ou bandexas e os sete elementos que antes preparamos e buscaremos  opcións de reparto.

No primeiro prato colocaremos os elementos que están debuxados na primeira habitación.... e no segundo prato o resto... logo debuxaremos na casa tantos elementos como os que puxemos no segundo prato e escribiremos a suma!!!


Ademáis das formas que están debuxadas atopades algunha outra maneira diferente de repartirse na casa do sete??? se a atopades rexistrala na casa!!

Sería xenial que nos enviarades as fotos dos vosos edificios e casas dos números!!!Mentres tanto recorda e fai como a nosa amiga Lola:


4 comentarios:

Unknown dixo...

Por triste que parezca a mis 45 años no entiendocesta actividad de 6° de infantil!las profes sois insustituibles!

. dixo...

Bo día, a ver si conseguimos aclarar as túas dúbidas!!!Trátase de que cada neno faga unha táboa do 100 (10*10 casillas) como a que puxemos na foto.
Despois teñen que pintar a pandilla do número 7 (a columna enteira do 7: o 7, 17, 27, 37.....97) e facer a descomposición de ese número (7+0, 6+1, 5+2, 4+3....) primeiro manipulando obxectos (en dous bandexas ou pratos) e despois trasladandoo ao papel o que facemos nos pratos. Así repartimos o número sete de diversas formas (7+0=7, 6+1=7, 5+2=7 ....)
Esperamos que sirva de axuda a nosa explicación, recordamos tamén que as actividades que plantexamos son voluntarias.
Calqueira dúbida estamos encantadas de intentar axudarvos.

Unknown dixo...

Ok.gracias

Unknown dixo...

Gracias