24 de marzo de 2020

Continuamos a nosa misión!

Onte o noso amigo 7 contóulles aos membros da súa familia como decoraron as súas ventás e balcóns para sentirse máis unidos; e sabedes  trasniños? estádelo a facer fenomenal!!!!








Hoxe os números  5 e 9 tamén botan de menos ás súas pandillas. Axudádeos a atopar aos seus colegachos?? Collede a táboa do 100 e recorda: pinta toda a pandilla do cinco dunha cor e a pandilla do nove doutra.

Constrúe as casiñas do 5 e do 9 e averigua de cantas maneiras podemos descompoñer cada número.


e...se despois de tanto traballo aínda vos quedan unhas pouquichiñas ganas, hoxe podemos decorar as ventás ou a nosa habitación cuns paxariños moi alegres aproveitando que a primavera xa chegou!!!!

Precisamos: un lápiz, folios, pegamento, rotus, pinturas, témperas ou o que se vos ocorra para decorar os nosos paxariños.

Dobramos o folio á metade, debuxamos a contorna do noso paxaro por unha banda e as patiñas nos anacos de papel sobrantes, pegamos e decoramos o máis chuli que se nos ocorra.







Ningún comentario: