18 de novembro de 2019

Magosto 2019

Na semana do San Martiño tiñamos marcada no calendario a festa do magosto na escola... e preparámosnos a conciencia... fixemos traballos manuais nas aulas, aprendemos coplas e cantigas sobre o magosto, trouxemos unha presada de castañas picadas para asar e compartir.....



Pero a choiva e o vento non nos deixaron celebrar festa das castañas no patio e non puidemos gozar dos xogos tradicionais que os amigos e as amigas da Asociación Corredoiras nos achegan á escola cada ano con tanto agarimo...

Así que tivemos que mudar os plans e o venres celebramos un magosto no interior do cole onde demos boa conta das castañas que nos asaron Martín e Ramón, estaban boísimas!!!






Xogamos, bailamos e xuntámosnos no ximnasio para cantar as coplas do magosto cos compis e as compis de infantil.





Ningún comentario: