28 de novembro de 2019

Guias de lectura e música 2019



Xa están nas casas dos trasniños e as trasniñas as guías de lectura e música deste ano 2019. 

Un ano máis a coordinadora de equipos de dinamización lingúística do morrazo da que forma parte o equipo de Dinamización ligüística da nosa escola, agasallounos con esta fermosa guía onde sempre atopamos estupendas recomendacións para incluír nas cartas onde plasmamos os nosos desexos de agasallos de nadal...

Nas guías as recomendacións veñen organizadas por idades, nós levamos a casa a correspondente a Infantil onde descubrimos títulos que non coñeciamos e tamén algúns ben coñecidos que nos encantan coma Oito Patas, Xa vou, Ratos de viaxe ou O can de Milu....





A coordinadora preparou guías para todas e todos.... deixámosvos aquí as imaxes das guías para educación primaria e secundaria botádelle un ollo que deseguro atopades libros e música moi interesantes...



Ningún comentario: