28 de outubro de 2019

O ANIVERSARIO DE PAPIRUS!!!

O 24 de outubro é o día das bibliotecas e no cole da Pedra festexamos o aniversario do noso benquerido Papirus.

Este ano estabamos ansiosos e ansionas agardando a carta de Papirus para saber se nos convidaba ou non ao seu aniversario, a carta chegou....



Lendo a carta descubrimos que o proxecto no que imos traballar este curso escolar é a radio xa que, Papirus no seu Bibliocastelo está a montar unha... descubrimos tamén que estabamos convidadas e convidados ao seu aniversario o mércores 23 de outubro...  así que marcamos a data no calendario e cando chegou o día puxemos rumbo ao Bibliocastelo!!!





















Alí estaba a profe Lina para recibirnos e presentarnos a Martiño, un polbo curmán de Papirus... que non adoitaba a escoitar a radio...





Logo vimos este video tan chulo sobre a nosa biblioteca....





E descubrimos a radio que Papirus está a montar no Bibliocastelo, é moi chula, ten unha porta e un cristal coma se fose unha ventana. Entramos na radio, pechamos a porta e descubrimos que dentro non escoitamos nada de nada de nada do que nos din dende fóra. "Claro profe para que o ruido de fóra non se meta polos micrófonos de falar pola radio"




Papirus pedíanos na súa carta que pensaramos algún nome para a radio que está a preparar, nas aulas dos trasnos decidimos entre todas e todos que os nomes que máis nos gustaban para a radio son Voces de a Pedra e Radio Bibliocastelo. Escribimos os nomes nuns papeis e deixámosllos a Papirus na súa caixa para que o polbiño poida escoller entre as ideas aportadas por todas e todos....






Para rematar cantamos e bailamos a canción de Papirus e tamén o Parabéns, levamos para o cole unhas deliciosas piruletas e uns marcapáxinas para as nosas lecturas.

Pasámolo moi moi ben!
Grazas polo convite Papirus!!!



Ningún comentario: