
No corredor do Bibliocastelo atopamos distintos paneis onde puidemos ver distintos tipos de selos... de dinosaurios, dos Simpsons, de Starwars, de animais....
Percorremos a exposición acompañados por Juan Carlos que nos foi contando unha chea de cousas interesantísimas sobre o mundo dos selos e a correspondencia postal.

Ao final do corredor descubrimos un recanto especial onde sentamos para descubrir máis cousas sobre o servizo de correos e a súa evolución, vimos uniformes e utensilios dos carteiros de fai moitos moitos anos e dos actuais e descubrimos as diferenzas. Aprendemos como funciona o servizo postal e que cousas son necesarias para enviar unha carta.
Juan Carlos regalounos uns caramelos, unhas pegatas e uns debuxos para pintar e recortar.
Foi unha chulada de visita. Aprendemos moitas cousas!
Grazas polo convite!!!





Ningún comentario:
Publicar un comentario