4 de xuño de 2019

Os trasnos imos ao cinema!

Que xornada máis interesante a que vivimos hoxe os trasnos na escola!!

Saímos cediño do cole e puxemos rumbo ao Centro Social do Mar, coma as nubes decidiron acompañarnos tivemos que baixar en autobús!


No centro Social estaban agardando por nós as chicas do FICBUEU que logo de acompañarnos ás nosas butacas nos contaron que prepararan para nós unha programación especial de moitas pelis curtiñas. As luces apagáronse e comezou a proxección. Vimos 7 curtas con historias moi diferentes, unha nena cun lazo máxico, unha astronauta que viaxa á lúa montada na súa cama, un planeta terra evolucionando desde os dinosaurios, unha fermosa balea que ten como amiga a unha nube e a que foi a nosa preferida... un camaleón moi moi moi lambón.



Foi unha chulada achegarnos ao cinema das pelis curtiñas. Moitas grazas ao FICBUEU e á Deputación de Pontevedra polo convite!!!

Saímos do cinema con fame, de modo que repuxemos forzas coa merenda e trouleamos un anaco no parque...


Antes de ir de volta para o cole achegámonos a visitar a Miguel, o papá do noso amigo Cosme que é Veterinario e traballa nunha clínica en Bueu. Tiñamos moitas ganas de ver como é ese lugar onde curan e coidan aos animaliños que tanto queremos.




Miguel ensinounos a clínica, puidemos ver cans que estaban recibindo coidados e tres gatinos moi pequenos, a mesa onde os curan unha báscula para pesar aos animais... Na clínica nos regalaron un libro chulísimo sobre cans para que teñamos na nosa biblioteca e un caramelo que nos endulzou á volta ao cole.

Foi unha xornada fantástica!!!


Ningún comentario: