2 de xuño de 2019

Apadriñamentos lectores 2019

O pasado xoves recibimos unha visita moi moi especial; ata o cole de infantil viñeron os nenos e nenas de segundo de primaria cunha fermosa misión, converterse en padriños e madriñas lectores dos trasnos.

Chegaron despois do patio cargados de contos e sorrisos e logo de facer as presentacións escolleron a un trasniño ou trasniña para compartir lecturas e xogos.

O patio do cole encheuse de contos e ledicia. Os trasnos ficaron encantados e as profes moi contentas coa visita destes campións e campionas que ainda que xa fai dous cursos que deixaron o cole de infantil para continuar a súa aventura no cole dos maiores... seguen sendo os nosos trasniños.





2 comentarios:

Anónimo dixo...

Que ilusión nos fixo volver a ver un vídeo dos nosos Trasniños, un bico grande Profe Cris e Profe María.

Carlos, Noe e Alba

Trasnos dixo...

Foi fermosísimo recibilos no cole de infantil e comprobar canto medraron en todos os sentidos.

Bicos para vos!!