Hoxe festexamos os últimos aniversarios do ano, a nosa trasniña Elin e os nosos trasniños Leo Calvar e Leo Ferradás están de aniversario neste mes de decembro.
Xuntos decoraron a clase e a prepararon para a gran festa; cambiaron a su foto da porta de 4 anos á porta de 5 anos, e coas súas coroas cheas de pegatas chulis e os seus globos de cores, sopraron as 5 candeas e convidaron aos seus amigos e amigas a tomar boliños deliciosos. Ademáis o noso amiguiño Martín repartiunos as trasniñas e trasniños e as profes uns deliciosos doces que a súa avoa Ana preparou para cada un de nós con todo o seu agarimo. Moitas grazas Ana, eres fantástica.
Despois das lambetadas bailamos, cantamos e desfrutamos moito dos últimos aniversarios deste 2025.
PARABÉNS TRASNIÑOS E TRASNIÑA
%20(3).jpg)
%20(2).jpg)
%20(1).jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario