As trasniñas e trasniños levamos moitos días traballando na escola e descubrindo unha morea de cousiñas novas sobre o Samaín.
Ao longo destes días decoramos as aulas, baleiramos unha cabaza xigante, representamos historias e contos de medo, de cabazas, de pantasmas, de morcegos e ata de pelostortos.
Fixemos unha morea de actividades avanzando no proceso lectoescritor, no conteo de arañas, formigas e vampiros, experimentamos, contamos, cantamos, debuxamos, creamos....
Unha morea de actividades que nos levaron ata a festa do Samaín no cole, unha xornada terroríficamente divertida na que desfrutamos dos obradoiros que as profes Ana, Marina, Carla e Tati prepararon para nós con todo o seu agarimo.
Despois as nosas mestras prepararon unha super merendola na que descubrimos que a cabaza xigante de Martín era máxica, dentro atopamos unha morea de arañas, morcegos e vampiros de chuche que estaban deliciosos.
Pasámolo de medo!!!
Grazas a todas e todos por axudarnos a ter un Samaín fantástico!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario