15 de setembro de 2025

Imos ao FICBUEU!

Os trasniños e as trasniñas comezamos un novo curso con moita ilusión!

Logo do ansiado reencontro e de contarnos as nosas aventuras do verán, descubrimos no noso calendario de setembro unhas misteriosas mans con ollos e boca.... tivemos que investigar e con moito traballo descubrimos que esas mans marcaban a nosa visita ao FICBUEU!!

No cole traballamos coas diversas propostas que nos achegaron dende o FICBUEU para preparar a visita e hoxe por fin puidemos asistir a unha proxección do festival!





Pasámolo en grande! Moitas grazas por convidarnos!

1 comentario:

Anónimo dixo...

🥰