27 de abril de 2025

Saída ao museo Massó

Seguindo coas nosas investigacións sobre os polbos e o seu hábitat, o venres as trasniñas e trasniños achegámonos ata o museo da nosa vila, o museo Massó.

Alí a nosa amiga Graciela explicounos como o museo está nas antigas naves dunha importantísima conservera; a través dun xogo e da construcción dun barco pirata descubrimos a sala dedicada á navegación. Na planta baixa descubrimos unha morea de obxectos da antiga fábrica de salazón e conservas, así como unha das nosas partes favoritas a sala das baleas.

David tiña preparado un obradoiro super divertido para nós; descubrimos os distintos tipos de area das praias da nosa vila e afondamos no coñecemento das especies mariñas.

Despois do museo, fixemos unha paradiña no parque do concello, onde Lisi, a avoa de Leo Calvar convidounos a unhas deliciosas madalenas. 

Mirade que ben o pasamos!!!

Ningún comentario: