Esta semana foi a quenda das trasniñas Lara e Uxía; ao longo da semana as nosas trasniñas pasaron lista, escribiron unha morea de palabras que comezan pola súa letra, descopuxeron números, miramos se o seu número de pe era un número par ou impar....
Hoxe era o día sinalado no calendario para que ambas familias visitaran as nosas aulas.
Lara convidou a escola a súa irmá maior Aroa que é unha excelente bailarina. Puxemos tutús de todas as cores e cando a música comezou a soar intentamos acompañar a Aroa e a Lara bailando. Ademáis puidemos coñecer unha chea de contos chulísimos que trouxeron ao cole e coñecer un pouco máis a Lara grazas ás fotos que nos ensinaron.
Coa familia de Uxía construímos un coche teledirixido porque o papá de Uxía traballa arranxando coches e sabe moi ben como montalos e desmontalos. A súa mami trouxo un memori para xogar que agochaba unha sorpresa, mirade, mirade...
Moitas grazas familias!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario