20 de marzo de 2025

Pekerecicla

Hoxe as trasniñas e trasniños participamos nunha actividade promovida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) en colaboración coa Deputación de Pontevedra. 

Nesta actividade educativa "Pekerecicla – Enredando cos residuos" aprendemos a gran problemática que atopan os concellos na xestión de residuos. Para axudar ao noso planeta, as trasniñas e trasniños descubrimos hoxe a través de moitos xogos divertidos, a necesidade de separar correctamente o lixo e empregar tanto o composteiro como as diferentes cores dos contedores dun xeito correcto.

Ningún comentario: