22 de outubro de 2024

Unhas galletas deliciosas!!

A trasniña Lara trouxo a semana pasada unhas galletas de chocolate que fixera na casa coa súa nai; tiñan moi boa pinta así que Lara trouxo a receita por se queríamos facelas. Moitos pensamos que sería unha boa idea facer as galletas no cole, pero a profe Cris e profe María dixeron que non podíamos que no cole non había forno, ohhhhh!!!!

Martín rápidamente recordounos a todas e todos que a súa avoa tiña unha panadería cun forno xigante, e que podíamos ir alí a meter as nosas galletas no forno. Martín pediulle permiso avoa Ana e esta dixo que siiiii, así que mercamos os ingredientes da receita de Lara  e hoxe..... merendamos galletas.




Deliciosasssssss
Grazas familias!!!

Ningún comentario: