11 de setembro de 2024

COMEZAMOS!!!!

Hoxe  comezamos un novo curso, o patio enchíase de nenos e nenas, de trasniñas e trasniños con unha morea de emocións.... moitas ganas de ver aos amigos, ás profes, de xogar, de compartir.... poucas ganas de deixar aos papis e mamis, medos, nervios....
Entramos pola porta dos maiores e cando chegamos ás aulas recordamos todas as aventuras vividas o curso pasado...
Despois de coñer as nosas novas compis MAI E SÍA, pasar lista, contar as nosas viaxes e aventuras do verán, collimos tarxetas e desfrutamos dunha mañá que pasou voando.
O primeiro día de cole de 4 anos foi todo un éxito!!! Benvidas e benvidos trasniñ@s!!!!

Ningún comentario: