20 de xuño de 2024

Consertaso na horta

Hoxe era o día,  un dos días máis agardados polas trasniñas e trasniños, hoxe era o día do concerto de Brais das Hortas!!!!

Despois do patio, todo o alumando de infantil subimos ao cole de primaria onde Brais e os nosos compis agardaban para dar comezo ao espectáculo "consertaso na horta".

Foi moi divertido, bailamos, cantamos, movimos a melena, rocanroleamos.... e berramos con todas as nosas forzas "kiwis, kiwis, kiwis........."
Grazas a Brais das Hortas e a o equipo de dinamización lingüística do cole por este concerto xenial!!!




Ningún comentario: