8 de maio de 2024

Pintado de unllas

Hoxe as trasniñas e trasniños, xunto aos nosos compis de infantil, fomos ao IES Johan Carballeira, onde o alumando de Imaxe Persoal, agardaba por nós para facer realidade moitas das nosas peticións. 

O alumnado do insti foinos colocando en diferentes postos con mesas e sillas cheos de pintaunllas, brilli brillis e elementos de maquillaxe. Cada un fomos escollendo a cor que máis nos gustaba: vermello, rosa, arco iris... e as e os alumnos ían cumprindo as nosas peticións. 

Foi unha experiencia xenial. Moitas grazas a todo o alumnado e as profes do IES Johan Carballeira, por convidarnos!!!


Ningún comentario: