22 de maio de 2024

Hoxe cociñamos: xeados de froita

Esta semana chegounos unha nova receita que fixo que as trasniñas e trasniños nos puxéramos súper felices 

 "XEADOS DE FROITA"

Collimos o gorro de cociñeiros e cociñeiras, colocamos o mandil e saímos á horta na procura de amorodos; despois, xunto coas laranxas que Papirus deixou para nós, subimos ao comedor do cole. Seguimos un por un os seis pasos da receita e... un día máis tarde......ahí estaban  as nosas creacións, deliciosos xeados de amorodos, laranxa ou mestura de amorodo e laranxa, 100% naturais, 100% pura froita , deliciosos!!!!

Ningún comentario: