8 de marzo de 2024

Balonmán e futbol sala!

As olimpíadas dos trasnos están en marcha e o noso calendario olímpico indicaba que hoxe tiñamos que participar nas disciplinas de balonmán e fútbol sala. 

Desta volta non xogamos na sede olímpica do cole, se non que fomos ata un lugar onde cada fin de semana podemos animar e ver xogar ao Bueu Atlético Balonmán e ao ADFS Bueu, dous equipos do noso concello onde temos irmás, irmáns, curmáns e amigas que xogan.

Foi moi emocionante coñecer o pavillón e poder xogar ao balonmán e ao fútbol sala como verdadeiros e verdadeiras profesionais!




Queremos agradecer a Fran do ADSF Bueu e a Ricar, Concelleiro de Deportes a súa axuda para poder xestionar esta visita e facela posible! GRAZASSSSS!!!

Ningún comentario: