O pasado venres 23 de febreiro conmemorábase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro; o tempo impediu que fixeramos o acto para a súa homexane, así que hoxe, por fin puidemos festexalo como esta gran poetisa e escritora merece.
Despois do patio as trasniñas e trasniños subimos ao cole de primaria xunto as nosas e nosos compis de infantil levando as casiñas que todo o ciclo elaboramos cun anaco dun poema de Rosalía.
Alí desfrutamos dos poemas de Rosalía que os nenos e nenas maiores cantaron, rapearon e recitaron. Despois todo o cole cantamos e signamos o poema "Adiós ríos, adiós fontes"
Deixámovos un pequeno vídeo do día de hoxe e o vídeo da canción no que todo o cole signamos coa axuda de Rosa Louro, a intérprete en lingua de signos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario