Hoxe, como cada 30 de xaneiro, festéxase o día Escolar da Non Violencia e a Paz; as trasniñas e trasniños estivemos traballando sobre que é a paz para todos e todas nós: falamos con cariño, damos aloumiños, axudamos aos amigos e amigas cando teñen un problema, cando están tristes....
Neste días todo o alumnado de infantil fixemos unha pomba da paz para levar posta de pulseira; pintamos o pico, compuxemos a palabra PAZ e puxémoslle uns ollos chulísimos.
Despois do patio subimos ao cole de primaria para participar nunha xornada de convivencia co resto do cole; escoitamos os manifestos da paz, cantamos "Terra" das Tanxugueiras acompañando a Olaia unha das Tanxus que veu ata o cole para compartir esta xornada con nós, e "Someday"; convivimos un anaquiño cos nosos irmáns, curmáns e amigos e amigas maiores!!!
Foi un día fantástico!! mirade!!!
A nosa paz construímola día a día, xuntos, xuntas, falándonos con respecto e tratando ás persoas como nos gustaría que o fixeran con nós.
AS TRASNIÑAS E OS TRASNIÑOS QUEREMOS A PAZ
Ningún comentario:
Publicar un comentario