8 de xaneiro de 2024

Comezamos o segundo trimestre

Despois de moitos días por fin volvíamos a estar todas e todos xuntos no cole!!! moi emocionados quixemos contarlles ás profes e aos amigos todos os xogos, xoguetes e contos que temos novos. Nas mesas de clase tiñamos unha gran sorpresa: unha morea de agasallos para compartir no cole!!!!

Pouquiño a pouco fomos abrindo cada paquete: xogos de construcción, de lóxica, quebracabezas, bonecos e roupa chula para vestílos ou material de perruquería e de médicos para o noso xogo simbólico, pizarras para escribir e debuxar.... 

Axiña comezamos a estrear todas as cousiñas novas..... foi un día moi divertido!!!





Comezamos o segundo trimestre!!! Estamos desexando vivir novas aventuras todas e todos xuntos

Ningún comentario: