23 de novembro de 2023

Facemos unha curtametraxe coa profe Lara!!!

 A raíz da lectura do conto “Polo camiño”, os trasnos e trasnas, decidiron facer unha gravación.



Para motivalos aínda máis, fixemos un breve trailer, para que así visen como ía quedar a curta.


De seguido, tivemos que traballar moito, preparar as máscaras e aprendernos ben o relato.


Durante aproximadamente dúas semanas de moitoooo esforzo, filmamos as diferentes tomas e escenas. Apesares de ser unha tarefa complexa, saíunos xenial porque somos todos/as uns artistas!!


Tamén manipulamos un recurso cos protagonistas da historia, para practicar e potenciar o conteo ata 10.




Certo é que non só traballamos a posta en escena e o conteo, senón que tamén reforzamos o esquema corporal e ampliamos o noso repertorio coa lingua de signos.


Foi toda unha aventura facer esta curta!


Hoxe antes de marchar para casa xuntámonos todas e todos para facer a estrea da nosa curta, encantounos vernos na pantalla!!!




Queremos compartila con todos e todas, mirade que artista é a profe Lara e os trasniños e as trasniñas!!


Grazas profe Lara, encantounos facer esta aventura de cine contigo!!!

Ningún comentario: