A primeira semana de cole foi unha semana moi moi especial; 24 trasniñas e trasniños enchían as nosas aulas para comezar unha nova aventura no cole dos maiores!!!!
Cada día ao longo da semana engadíamos tempo e amigos e amigas cos que estar na escola, ao entrar, despois de cantar "bo día" no patio de Papirus, colgamos a bolsiña no percheiro que tiña a nosa foto e poñemos o mandilón; despois sentadiñxs na alfombra pasamos lista, para comprobar que todas e todos estamos no cole.
Escollimos cunhas tarxetas chulísimas onde queríamos xogar: na casiña, aos puzles, coches, as pezas de construcción....
Fomos ao baño, lavamos as mans, merendamos e ..... xogamos no patio!!! despois bebemos un pouquiño de auga e desfrutamos dun dos nosos momentos favoritos: o conto.
Primeira semana superada, estamos moi orgullosas das trasniñas e dos trasniños, e das súas familias por confiar en nos. Queredes ver como o pasamos? Facede "clic" na imaxe e non vos perdades o vídeo!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario