20 de xuño de 2023

Preparamos a nosa graduación

Os trasniños e as trasniñas levamos semanas traballando arreo e con moita ilusión para preparar o último día de cole, a nosa festa de graduación que suporá a despedida do cole de infantil.

Estamos moi ilusionad@s desexando que chegue o día 21, ao longo destas semanas fixemos unha morea de cousas e temos unhas ganas enormes de poder compartir e ensinarvos a todas as familias e aos nosos compis todo o que fixemos, mirade, mirade...


Decidimos facer unha representación teatral e para iso adaptamos e escribimos as nosas obras de teatro, escollemos as personaxes que queríamos interpretar e preparamos o noso vestiario; con goma eva cada un de nós fixo a sua diadema para a cabeza





Con tea sen tecer  fixemos os petos para o corpo, medimos a nosa altura coa regra, cortamos a tea, pegamos complementos nas barrigas....


Ideamos e creamos os decorados: fixemos casas, árbores, un reloxo, un pastel de cenorias, unha cociña... fixémolo todo con caixas de cartón, cinta de papel e pintura de cores.










Subimos ao salón de actos do instituto para ensaiar e ensaiar as nosas actuacións


Ademáis do teatro tamén decidimos crear unha canción, usamos unha base ben coñecida, inventamos unha letra entre todas e todos e grabamos as nosas voces como auténticos profesionais do mundo da música.


Para a merendola que imos ter logo da graduación escollemos un vasiño da cor que máis nos gustaba e decorámolo con rotus poñendo o noso nome.




Xa temos todo preparado, soamente falta un día para poder ensinarvos todo o que fixemos.

Estamos desexando que chegue o mércores!!!

Vai ser un último día de cole xenial!!!! 

Ningún comentario: