Hoxe, último xoves do mes, festexamos no cole os aniversarios das trasniñas e trasniños que cumpriron 6 anos ao longo deste mes de marzo. Elena, Lucas, Manuel, Noa e Brais fixeron e decoraron as súas coroas, sopraron as 6 candeas e nos convidaron a todas e todas a merendar uns boliños que estaban deliciosos.
Cantamos, bailamos, xogamos cos globos e fixemos unha súper festa para festexar o aniversario dos nosos amiguiños.
Parabéns Elena, Lucas, Manuel, Noa e Brais!!!





Ningún comentario:
Publicar un comentario