Hoxe conmemoramos na escola o día internacional da muller. Falamos de igualdade, lemos contos que nos fixeron reflexionar e decidimos que como agasallo para as nosas mulleres importantes poderíamos ofrecerlles dúas das cousas mais valiosas que temos, a nosa creatividade e o noso sorriso.
Fixemos unhas pulseiras que contiñan o noso lema
E plasmamos o noso recoñecemento a unha muller dedicándolle o noso sorriso, nunha cartolina pegamos a nosa foto, fixemos un retrato da muller homenaxeada e escribimos con moito cariño o por qué da nosa escolla.
Agardamos que as nosas mulleres importantes recibiran os nosos sorrisos e con eles o noso agradecemento neste 8 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario