15 de novembro de 2022

Martiño, o corvo mariño

Hoxe na escola recibimos unha visita moi moi especial, Suso e Ana viñeron dende o Parque Nacional das Illas Atánticas para compartir os seus coñementos con nós. Apredemos moitas cousas e foi unha xornada moi interesante e divertida!

Xuntámonos todas e todos nunha aula e na pizarra máxica puidemos ver unha presentación que Suso e Ana trouxeron para nós. Descubrimos que o Parque Nacional das Illas Atlánticas está formado polas illas Cies, Ons, Sálvora e Cortegada, e centrámonos na nosa illa, a Illa de Ons!. Aprendimos que na illa hai catro espazos ben diferenciados: a praia, o bosque, os cantís e a zona habitada. Descubrimos moitas especies animais e vexetais que viven na illa e centrámonos nos corvos mariños.


Dividímonos en dous equipos para participar en dúas dinámicas moi chulas con Suso e Ana.

Nunha tivemos que pescar cunha cana chulísima diferentes especies e unha vez pescadas tiñamos que situalas no seu hábitat, así colocamos ao polbo no mar, aos ratiños no bosque e a gaivota no ceo.




Na outra actividade tivemos que observar os elementos que estaban dentro das catro cestas que nos presentaron para tentar adiviñar a zona da illa á que pertence cada cesta: a praia, o bosque, os cantís, a zona habitada... fixémolo xenial e identificamos todos os elementos da cesta deixando a Suso e a Ana alucinados ao recoñecer o saquiño que protexe os ovos das raias entre os obxectos.



Para rematar a xornada, Ana contounos o conto de Martiño e descubrimos como unha mariñeira atopou un ovo nas súas redes levouno para a súa casa e púxollo no galiñeiro ás galiñas, dese ovo naceu o noso amigo Martiño que non era un pito coma os demáis, acompañamos da man de Ana a Martiño na súa aventura ata descubrir que non era unha galiña senon un corvo mariño.


Antes de marchar Suso e Ana entregáronnos un marcapáxinas de agasallo no que puidemos pintar a Martiño.


Grazas Suso e Ana pasámolo xenial e aprendemos moitas moitas moitas cousas!!

Ningún comentario: