Hoxe foi un gran día de festa, as trasniñas e trasniñas festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron este mes de setembro e tamén os que xa fixeron 5 anos en agosto e non o puderon festexar no cole porque estabamos de vacacións!!!
Como xa somos expertos escollemos e fixemos unhas coroas chulísimas cheas de pegatas, puxemos 5 candeas en cada boliño, cantamos parabéns para ti e zampamos os boliños que estaban deliciosos!!!!!!
Xogamos cos globos, escollemos cancións, bailamos e disfrutamos moito do aniversario das nosas amiguiñas e amiguiños.
Parabéns Catherine, Dana, Hugo, Lara, Lucas, Unai e Xoán, benvid@s aos 5 anos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario