Durante as vacacións do verán as nosas hortas non deixaron de medrar; aqueles trasniñ@s que estiveron no cole no campamento de verán xa puideron saborear o ricos que estaban os amorodos que tiñamos prantados; hoxe todas as trasniñas e trasniños saímos a recoller amorodos, tomates e pementos para levar e degustar coas nosas familias; cada un de nós escolleu o que máis lle apetcía levar e con moito coidado arrancouno da pranta. Se seguen medrando así de ben, nos vindeiros días poderemos levar máis tomates e pementos!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario